Benvidos á sexta edición de Ourencanto! Este evento, xa profundamente arraigado, busca achegar o canto coral a mozos de 8 a 18 anos. Nesta edición, encontrarémonos o 5 de abril no Conservatorio Profesional de Música e os días 6 e 7 no Auditorio Municipal de Ourense. Prepárate para vivir días cheos de música, aprendizaxe e diversión, culminando cun espectacular concerto no Auditorio Municipal baixo a dirección artística do recoñecido director e compositor Josu Elberdin.

Convidámoste a unirte a esta emocionante viaxe musical para gozar xuntos da maxia de Ourencanto!

Descubre Ourencanto! Cantar entusiasma, alegra, emociona, une...

Ourencanto é un encontro de coros infantís, xuvenís e coros escolares, no que, durante tres días, 400 nenos e mozos conviven, participando nunhas xornadas de canto coral, coordinados por un dos compositores e directores máis relevantes do panorama internacional, e que finaliza cun gran concerto ofrecido por todos os participantes. É un proxecto pioneiro que busca fomentar e difundir o canto coral entre a mocidade. Desde a súa primeira edición en febreiro de 2017, superou todas as expectativas en participación, repercusión e resultados, converténdose nunha referencia nacional e internacional.

Todo isto vese reflectido no concerto de clausura, que alcanza un nivel altamente profesional grazas ao esforzo e dedicación de todos os implicados. Os participantes comparten escenario con músicos do máximo nivel, o que supón unha experiencia única e enriquecedora para todos eles.

Aprenderás, cantarás, bailarás, rirás…. Esperámoste!

Coñece a Josu Elberdin Un recoñecido compositor e director de coros

Director de coros e compositor nacido en Pasaia en 1976. Realiza os seus estudios musicais no Conservatorio de Grado Medio de Pasaia, onde obtén os títulos de profesor de Piano e Canto. É tamén diplomado en Educación Social pola UPV 1997.

Dende o ano 2000 é profesor na Escola de Música Municipal de Pasaia, impartindo clases e conducindo o colaborando con varias agrupacións corais ou instrumentais. É ademais organista da Parroquia de Nuestra Señora del Carmen de Trintxerpe dende 1991.

No eido da composición, cabe destacar a escritura de obras obligadas e encargadas por prestixiosos certames e coros internacionais para concursos o festivales como Tolosako Nazioarteko Abesbatzen Lehiaketa, Europa Cantat Junior, Simposium Coral Mundial de Argentina 2011, Simposium Coral de Barcelona, Festival Laudate Pueri de Lituania, Quincena Musical de San Sebastián, Musikaste e Ourencanto, do que é ademais director musical e peza fundamental.

A súa música, moi centrada no ámbito infantil, é posta en escena frecuentemente co formato de conto musical.

Ainda que as súas obras son de carácter eminentemente coral, conta cunha gran produción de obras de carácter sinfónico, pop-rock ou instrumental.

Repertorio As obras que cantaremos

Repertorio

Un repertorio coidadosamente seleccionado: divertido, variado, atractivo e adaptado a cada modalidade.

Modalidades

Traballaremos varias obras diferentes por cada unha das catro modalidades de participación establecidas.

Canto común

Tamén traballaremos tres obras comúns, que interpretaremos todos xuntos durante o concerto de clausura.

Estrea

No concerto de clausura estreamos unha obra musical especialmente composta para Ourencanto.

Modalidades catro modalidades de participación

Coros de Primaria

Para os cantores máis pequenos; agrupación de voces brancas composta por nenas e nenos que aínda non mudaron a voz.

Coros de Secundaria

Agrupación de voces mixtas, integrada por mozas e mozos que están mudando ou xa mudaron a voz.

Coros Xuvenís

Agrupacións estables que ensaian durante todo o ano.

Canto Común

Un verdadeiro espectáculo, coa participación de todas as categorías!

Concerto de clausura Un verdadeiro espectáculo!

7 de abril, ás 19 h no Auditorio Municipal

Non podes perdelo!

Completado o número de participantes

0

Ourencanto superou xa o número máximo de participantes. Se tés algunha dúbida ou consulta, ponte en contacto con nós.

Se non puideches inscribirte, agardámoste na próxima edición. Anímate a vir ao concerto de clausura!

Calendario de participación

5 de abril Conservatorio

18:00

Coros xuvenís

6 de abril Auditorio Municipal

10:00

Coros xuvenís

12:00

Coros Secundaria

16:00

Coros Primaria

18:00

Canto común

7 de abril Auditorio Municipal

10:00

Coros Secundaria

12:00

Coros Primaria

16:00

Ensaio xeral

19:00

Concerto de clausura

Os horarios poderían sufrir modificacións por razóns de organización.

Localización

Selecciona a pestana que corresponda para acceder á localización no mapa dos lugares nos que se desenvolverá Ourencanto.